relatoras

Tomasa Báñez

TOMASA BÁÑEZ TELLO

Traballadora social, doutora en Antropoloxía Social e Cultural, e profesora de Traballo Social da Universidade de Barcelona. Iniciou a súa actividade profesional como traballadora social nun centro de servizos sociais básicos do Concello de Zaragoza, para posteriormente incorporarse como profesora de Traballo Social á Universidade de Zaragoza. Traballou e publicou sobre xénero, participación cidadá e traballo social, exerceu diversos cargos de xestión tanto académica como na organización colexial, e participou en diferentes proxectos internacionais de cooperación universitaria.

Sandra Bethencourt

SANDRA BETHENCOURT LÓPEZ

Nai adoptiva desde 2007 de dous nenos etíopes que manteñen relación coa familia biolóxica desde 2008.

Cristina Branco

CRISTINA BRANCO ARAGÓN

Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Funcionaria de carreira desde 2002. Xefa do Servizo de Protección de Menores na Dirección Xeral de Familia e Inclusión da Xunta de Galicia.

Juan Alonso Casalilla

JUAN ALONSO CASALILLA GALÁN

Psicólogo. Especialista en adopción. Autor do “Manual para la valoración de la idoneidad en adopción” da Comunidade de Madrid, de “El reto de ser padres: guía de postadopción”, así como de diversos artigos científicos relacionados coa adopción. Experto en protección de menores e colaborador permanente en diferentes administracións públicas (autonómicas e estatal) para a formación de profesionais que traballan en adopción e acollemento familiar. Na actualidade desenvolve o seu labor profesional como psicólogo na Área de Acollemento Familiar e Adopción da Comunidade de Madrid.

Chandra Clemente

CHANDRA CLEMENTE MARTÍNEZ

Graduada en Antropoloxía Social e Cultural e estudante do Mestrado en Antropoloxía: Investigación Avanzada e Intervención Social (Universitat Autònoma de Barcelona). Nada en Nepal e adoptada en 1998: “Vivo con incesantes preguntas sobre as miñas orixes e a miña familia de nacemento, de quen aínda conservo algúns recordos. A miña experiencia como persoa adoptada está repleta de vivencias positivas e negativas, que poden aportar algo na conversa sobre adopción. Actualmente, estou realizando unha investigación sobre as posibles discriminacións que poden sufrir xoves adoptadas/os”.

Emmanuela Díaz

Mª EMMANUELA DÍAZ CASTRO-RIAL

Licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña. Subdirectora Xeral de Familia e Menores (Secretaría Xeral de Política Social, Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia).

CRISTINA GUEDE, ÁGUEDA RUIBAL e CHUS VÁZQUEZ

Nais adoptivas. Profesoras especialistas de Educación Infantil e Primaria en activo no ensino público. Integrantes do Equipo de Educación de MANAIA e da Comisión de Educación de CORA.

Adolfo García

ADOLFO GARCIA GARAIKOECHEA

Pai adoptivo. Coordinador CORA, a Coordinadora de Asociacións na Defensa da Adopción e o Acollemento. Secretario de AFADENA, a asociación de familias adoptivas de Navarra.

Nuria e Magda (Paradoxo)

NURIA LAGO FERNÁNDEZ e MAGDALENA OTERO MARTÍNEZ

Psicólogas e terapeutas familiares. Co-directoras de Paradoxo, que nace en xaneiro de 2007 como centro de psicoterapia e reeducación escolar. Dada a súa experiencia laboral previa no eido da adopción, nunha ECAI e nun centro de menores respectivamente, en xaneiro de 2008, este centro imparte ou seu primeiro obradoiro de adopción para a asociación MANAIA. No curso 2009/2010, ambas terapeutas realizan o Posgrao en Acollemento, Adopción e Postadopción da Universidade de Barcelona e a Universidade Ramón Llull, tras o cal Paradoxo comeza a desenvolver un labor de asesoramento, psicoterapia e formación con familias adoptivas, que continúa hoxe en día. Actualmente, as terapeutas compaxinan o seu labor diario en Paradoxo co traballo como orientadora nun instituto no caso de Magdalena, e como vogal na Sección Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) no caso de Nuria.

Jaime Ledesma

JAIME LEDESMA DEL BUSTO

Xerente de madOp. Licenciado en Psicopedagoxía con especialidade en Orientación familiar. Postgraduado en Mediación Familiar e diplomado en Educación Especial. Formación permanente en adopción, postadopción e mediación. Formador e coordinador de programas formativos sobre adopción para familias e para profesionais (mestres/as, psicólogos/as, psicopedagogos/as, traballadores/as sociais, mediadores/as…) en centros educativos e universidades. Mediador familiar especialista en adopción e na procura de orixes. Autor principal do libro: “Mediación Familiar en búsqueda de orígenes: el encuentro con mi espejo biológico”.

Diana Marre

DIANA MARRE

Doutora en Antropoloxía Social e Cultural pola Universitat Autònoma de Barcelona (2000) con Premio Extraordinario de Doutoramento. Foi investigadora predoutoral, postdoutoral e senior en diversos proxectos de investigación autonómicos, estatais, europeos e internacionais. Desde 2006 foi ininterrompidamente investigadora principal de proxectos I+D sobre infancia, familia e reprodución financiados polos Ministerios de Educación e Cultura, Ciencia e Innovación e Economía e Competitividade de España e directora do Grupo de Investigación AFIN (Infancias & Familias). Foi investigadora e directora da Área de Adopcións e Circulación de Menores do Institut d’Infància i Món Urbà de Barcelona (2006-2008), investigadora Ramón y Cajal (2008-2010), coordinadora de mestrado e doutoramento (2011-2012) do Departamento de Antropoloxía Social e Cultural e vicedecana de Estudos de Grao (2012-2015) da Facultade de Filosofía e Letras da Universitat Autònoma de Barcelona. Actualmente é profesora titular (2010), directora do Grupo de Investigación AFIN, do SGR AFIN e do Centro de Servizos AFIN da mesma universidade. Dirixiu diversas teses de doutoramento e traballos finais de mestrado. Conta cunha extensa listaxe de publicacións.

ÁNGEL MARTÍNEZ PUENTE

ÁNGEL MARTÍNEZ PUENTE

Educador e xerente de FAIBÉN, Fundación de Apoio á Infancia e ao Benestar.

SANTIAGO MÍGUEZ

Avogado. Traballa e colabora desde 1991 en, con, e para entidades sen ánimo de lucro relacionadas coa infancia, a discapacidade, e outros ámbitos.

CARMEN MORGADE GUINARTE

Psicóloga do Equipo de Adopción do Servizo de Menores (Xunta de Galicia) en Vigo desde o ano 2008 e técnica do Equipo Técnico de Menores do Servizo de Menores de Vigo (Xunta de Galicia) desde o ano 2001.

ANTÓN MOURIZ

ANTÓN MOURIZ

Pai “adoptado” dunha nena de orixe chinés. Presidente de MANAIA. Membro do Comité executivo de CORA, a Coordinadora de Asociacións na Defensa da Adopción e o Acollemento.

Ángeles Parrilla

ÁNGELES PARRILLA LATAS

Catedrática de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Vigo desde 2010, sendo previamente catedrática da Universidade de Sevilla. Dedicou a súa vida profesional ao estudo e participación activa en procesos de inclusión e exclusión social e educativa. Dirixe o grupo e a rede de investigación CIES (Colaboración para a Inclusión Educativa e Social) e o Programa de Doutoramento Interuniversitario en Equidade e Innovación en Educación.

Manuel Rey Fernández

MANUEL REY FERNÁNDEZ

Diplomado en Profesorado de Educación Xeral Básica, especialidade en Ciencias Humanas, pola Universidade de Santiago de Compostela. Licenciado en Psicopedagoxía pola mesma universidade. Mestre de educación primaria. Orientador. Xefe do Servizo de Ordenación, Innovación e Orientación Educativa na Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Xunta de Galicia. Coordinador do grupo de traballo que elaborou o decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006 do 3 de maio de educación. Coordinador do grupo de traballo que elaborou a parte educativa do Protocolo de Consenso sobre TDAH na infancia e na adolescencia nos ámbitos educativo e sanitario. Integrante do grupo de traballo que elaborou o Protocolo de Coordinación de Atención Temperá. Coordinador do grupo de traballo que está a elaborar a orde de desenvolvemento do citado decreto 229/2011. Coordinador do grupo de traballo que está a elaborar a orde de avaliación de educación primaria. Autor de artigos e libros, como “O traballo cooperativo: un recurso de atención á diversidade e mellora da convivencia na aula”.

Elena Borrajo

ELENA RODRÍGUEZ BORRAJO

Psicóloga e educadora infantil, especializada no tratamento con nenas, nenos, e adolescentes, que sufriron desamparo temperá. Formada na Fundación Exil polos profesores Jorge Barudy e Maryorie Dantagnan, no diplomado especializado para nenas/os vítimas de maltrato. Con 20 anos de experiencia no ámbito da protección infantil e a atención en centros de menores e o acollemento familiar. Fundadora do Centro Alén onde exerce actualmente como directora no traballo con institucións, familias e asociacións vinculadas ao acompañamento de nenos e nenas que sufriron situacións de risco, neglixencia ou maltrato temperá. Colaboradora en diversas publicacións vinculadas ao ámbito, como “Neurospsicoloxía do maltrato e o abandono” ou “Onde QUEDA o interese superior do menor?”

XABIER RODRÍGUEZ

Vogal da Xunta Directiva de La Voz de los Adoptados. Psicólogo de máquinas (Enxeñaría en Informática). Fala desde a súa experiencia como persoa adoptada adulta.

DANIEL ROSSO LOBO

Psicólogo. Psicoterapia familiar. Mediador. Responsable técnico do Servizo de Postadopción da Junta de Andalucía.

Beatriz San Román

BEATRIZ SAN ROMÁN

Doutora en Psicoloxía Social e investigadora postdoutoral do grupo AFIN, leu o pasado mes de abril a súa tese “Discursos de la adopción: construcción de sujetos y asimetrías de poder”, que obtivo a distinción Cum Laude. Publicou dous libros sobre adopción, “La aventura de convertirse en familia” e “Adopción y escuela” e artigos en diversas revistas, entre elas, Scripta Nova, Papeles del Psicólogo e o Journal of Intercultural Studies. Autora da web: postadopcion.org.

Manuel de Santiago

MANUEL DE SANTIAGO

Educador Social desde o ano 1982 en Centros de Reforma do Ministerio de Xustiza en Ciudad Real e Zaragoza. Educador Social en programas de adopción nacional e internacional desde o ano 1990. Colaborador en cursos do Departamento de Educación e o posgrao de Pedagoxía Social da Universidad de Zaragoza. Colaborador nos programas e estudos da Asociación de Familias Adoptantes de Aragón. Diplomado en Educación Primaria pola Universidade de Salamanca. Formación Especializada Educación Social. Mestrado en Estudos Sociais Aplicados.

Ana María Sieiro

ANA MARÍA SIEIRO MORAL

Psicóloga sanitaria e terapeuta familiar. Experta en intervención familiar. Traballou desde diversos ámbitos relacionados sempre coa infancia e a familia. Comezou como educadora nunha casa de familia na que estivo durante 5 anos. Posteriormente traballou no Programa de Integración Familiar da Fundación Meniños en Ourense durante 6 anos e desde o ano 2012 dirixe o seu propio centro de psicoloxía da saúde no que traballa tanto con adultos como con infancia e familia. Desde marzo do ano pasado colabora como psicóloga no programa de adopcións especiais da Fundación FAIBEN e é docente dos cursos que se imparten para familias en espera de adopción.

FÉLIX VILA

En espera de adopción. Xunto á súa parella fixo un ofrecemento adoptivo nacional e outro internacional. Vicepresidente de MANAIA.